O proxecto

Margal Ulla é o proxecto que a Xunta de Galicia desenvolve no período 2010-2015, no marco do programa LIFE+ da Unión Europea, para a recuperación das poboacións da náiade ou mexillón de río, Margaritifera margaritifera (Linneo, 1785), e da toupa de río, Galemys pyrenaicus (Geoffroy, 1811), na cunca  do río Ulla.

  • Portada do boletín informativo do proxecto Margal Ulla. Nº1. Abril de 2012
    Portada do boletín informativo do proxecto Margal Ulla. Nº1. Abril de 2012
  • Imaxe
  • Imaxe
  • Hábitat de Galemys pyrenaicus no río Riobó
    Hábitat de Galemys pyrenaicus no río Riobó
  • Hábitat de Galemys pyrenaicus no río Riobó
    Hábitat de Galemys pyrenaicus no río Riobó
  • Río Ulla
    Río Ulla
  • Río Ulla
    Río Ulla
  • Río Ulla
    Río Ulla
  • Río Ulla
    Río Ulla
  • Río Arnego
    Río Arnego

Boletín informativo do proxecto Margal Ulla. Nº1. Abril de 2012

Baixo a coordinación da Consellería do Medio Rural, e coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e Augas de Galicia como beneficiarias asociadas, Margal Ulla tratará de contribuír á mellora do estado de conservación das especies sinaladas, asegurando as poboacións existentes no Ulla e establecendo as condicións máis óptimas para a recuperación das orixinais.

Para acadar este fin, desenvolveranse unha serie de accións sobre unha área que abrangue gran parte da cunca do Ulla. Con elas, preténdese ampliar a información dispoñible sobre o estado actual de conservación de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus, un coñecemento que servirá para establecer medidas eficaces de mellora do estado de conservación destas especies e do seu hábitat e deseñar estratexias de sensibilización e divulgación dos resultados do proxecto. Estes, servirán de base para estender as medidas adoptadas a outros ríos galegos e do territorio europeo nos que aínda quedan exemplares destas especies que sofren presións similares.

Cómpre destacar que a náiade e a toupa de auga son especies que necesitan medios fluviais con boa calidade ecolóxica e que o seu actual declive é debido ás presións cada vez máis acusadas que están a sufrir estes medios. É por iso que as medidas previstas neste proxecto van dirixidas a unha recuperación da funcionalidade natural dos ríos da cunca, o que favorecerá ademais a conservación dunha biodiversidade rica en endemismos cos que estas especies comparten o hábitat fluvial e mellorará os servizos que este ecosistema presta á sociedade (pesca fluvial, calidade das augas, ocio, etc...).

Ademais, é a primeira vez que se considera de maneira conxunta a conservación destas dúas especies intervindo na mellora do seu hábitat, e tamén a primeira experiencia de rexeneración das poboacións de Margaritifera margaritífera baixo condicións seminaturais e controladas en España.

O proxecto, que conta cun orzamento de 3.666.981 euros, está cofinanciado nun 49,68% polo programa LIFE+, un instrumento financeiro da Unión Europea que desde o ano 1992 promove a aplicación e desenvolvemento da política e da lexislación comunitarias en materia de medio ambiente. Margal Ulla inscríbese en concreto no ámbito temático LIFE+ Natureza e Biodiversidade, que impulsa aqueles proxectos que contribúen á conservación dos hábitats naturais e das aves silvestres e ao desenvolvemento e execución da Rede Natura 2000, co fin de frear a perda de biodiversidade no ámbito territorial da UE.

Actualizado a: 27/04/2012

Novas

16/11/2011
Ao longo do pasado verán, os distintos equipos de traballo da Conseller...
14/04/2011
Científicos, asociacións agrarias e de desenvolvemento rural,...
Consulta toda a documentación do proxecto e outros procesos de interese.
Coñece outros proxectos desenvolvidos ao abeiro do programa LIFE+.

Acceso restrinxido

Natura 2000
Proxecto LIFE
USC
Augas de Galicia
Consellería de Medio Rural