Margal Ulla
Publicado en Margal Ulla (http://margalulla.xunta.es)

Inicio > O proxecto

O proxecto

Margal Ulla é o proxecto que a Xunta de Galicia desenvolve no período 2010-2015, no marco do programa LIFE+ da Unión Europea, para a recuperación das poboacións da náiade ou mexillón de río, Margaritifera margaritifera (Linneo, 1785), e da toupa de río, Galemys pyrenaicus (Geoffroy, 1811), na cunca  do río Ulla.

  • O proxecto Life+ Margal Ulla foi designado pola Sociedade Española de Malacoloxía para desenvolver as accións de difusión acerca da Margaritifera Margaritifera, no marco da sua designación como “Molusco del año 2014”
    O proxecto Life+ Margal Ulla foi designado pola Sociedade Española de Malacoloxía para desenvolver as accións de difusión acerca da Margaritifera Margaritifera, no marco da sua designación como “Molusco del año 2014”
  • Portada do boletín informativo do proxecto Margal Ulla. Nº2. Abril de 2013
    Portada do boletín informativo do proxecto Margal Ulla. Nº2. Abril de 2013
  • Margaritifera
    Margaritifera
  • Margaritifera
    Margaritifera
  • Galemys pyrenaicus
    Galemys pyrenaicus
  • Galemys pyrenaicus
    Galemys pyrenaicus
  • Galemys pyrenaicus
    Galemys pyrenaicus
  • Galemys pyrenaicus
    Galemys pyrenaicus
  • Galemys pyrenaicus
    Galemys pyrenaicus
  • Galemys pyrenaicus
    Galemys pyrenaicus
  • Hábitat
    Hábitat
  • Hábitat
    Hábitat
  • Hábitat
    Hábitat
  • Hábitat
    Hábitat
  • Margaritifera
    Margaritifera
  • Margaritifera
    Margaritifera

Baixo a coordinación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e Augas de Galicia como beneficiarias asociadas, Margal Ulla tratará de contribuír á mellora do estado de conservación das especies sinaladas, asegurando as poboacións existentes no Ulla e establecendo as condicións máis óptimas para a recuperación das orixinais.
Para acadar este fin, desenvolveranse unha serie de accións sobre unha área que abrangue gran parte da cunca do Ulla. Con elas, preténdese ampliar a información dispoñible sobre o estado actual de conservación de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus, un coñecemento que servirá para establecer medidas eficaces de mellora do estado de conservación destas especies e do seu hábitat e deseñar estratexias de sensibilización e divulgación dos resultados do proxecto. Estes, servirán de base para estender as medidas adoptadas a outros ríos galegos e do territorio europeo nos que aínda quedan exemplares destas especies que sofren presións similares.
Cómpre destacar que a náiade e a toupa de auga son especies que necesitan medios fluviais con boa calidade ecolóxica e que o seu actual declive é debido ás presións cada vez máis acusadas que están a sufrir estes medios. É por iso que as medidas previstas neste proxecto van dirixidas a unha recuperación da funcionalidade natural dos ríos da cunca, o que favorecerá ademais a conservación dunha biodiversidade rica en endemismos cos que estas especies comparten o hábitat fluvial e mellorará os servizos que este ecosistema presta á sociedade (pesca fluvial, calidade das augas, ocio, etc...).
Ademais, é a primeira vez que se considera de maneira conxunta a conservación destas dúas especies intervindo na mellora do seu hábitat, e tamén a primeira experiencia de rexeneración das poboacións de Margaritifera margaritífera baixo condicións seminaturais e controladas en España.
O proxecto, que conta cun orzamento de 3.666.981 euros, está cofinanciado nun 49,68% polo programa LIFE+, un instrumento financeiro da Unión Europea que desde o ano 1992 promove a aplicación e desenvolvemento da política e da lexislación comunitarias en materia de medio ambiente. Margal Ulla inscríbese en concreto no ámbito temático LIFE+ Natureza e Biodiversidade, que impulsa aqueles proxectos que contribúen á conservación dos hábitats naturais e das aves silvestres e ao desenvolvemento e execución da Rede Natura 2000, co fin de frear a perda de biodiversidade no ámbito territorial da UE.
 
Xa podes ver o documental sobre o proxecto LIFE Margal Ulla na seguinte ligazón.

Recursos audiovisuais do proxecto
Boletín informativo do proxecto Margal Ulla. Nº6. Julio de 2015
Boletín informativo do proxecto Margal Ulla. Nº5. Maio de 2015
Boletín informativo do proxecto Margal Ulla. Nº4. Xaneiro de 2015
Boletín informativo do proxecto Margal Ulla. Nº2. Abril de 2013
Tríptico en galego: 'Proxecto LIFE + Margal Ulla (2010-2015)'
Panel informativo do proxecto Margal Ulla
LIFE+ Margal Ulla - Informe final (versión resumida) - parte 1
LIFE+ Margal Ulla - Informe final (versión resumida) - parte 2
LIFE+ Margal Ulla - Informe final (versión resumida) - parte 3
Actualizado a: 01/03/2018