Buscase Galemys

Queres colaborar con nos?

Se tes observado algún exemplar de mamífero de pequeno tamaño mergullarse na auga dun río ou regato, podería corresponderse con algunha das especies que se representan na seguinte figura. A lata de refresco é unha referencia do tamaño dos exemplares. Despois de decidir cal das imaxes se corresponde coa túa observación, busca a letra de referencia para saber a que especie se corresponde.

 

Se coñeces no teu entorno familiar ou de amizades a pescadores ou ribeiregos podes amosarlle a figura e consultarlles se teñen visto algún destes animais (prema aquí e descárguese a figura). Non lle reveles cal é a Toupa de río ata que teña relacionado o animal que observou coa figura.

 

No caso de que o resultado se corresponda coa Toupa de río, agradecémosche que completes o seguinte formulario coa información que podas cubrir. Nos interesa esta información tanto na bacía do río Ulla, como noutros lugares de Galicia.

Grazas pola túa colaboración.

 

A) Gal: Aguaneira, Cast: Rata de auga (Arvicola sapidus)

B) Gal: Lirio, Cast: Rata parda (Rattus norvegicus)

C) Gal: Toupa de río ou Furapreseiras, Cast: Desmán ibérico (Galemys pyrenaicus)

D) Gal: Toupa de río ou Furapreseiras, Cast: Desmán ibérico (Galemys pyrenaicus) nadando

E) Gal: Murgaño , Cast: Musgaño (Neomys sp)

F) Gal: Lata de refresco, Cast: Lata de refresco

Novas

03/05/2016
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato...
12/12/2015
El complejo lucense de O Veral logra por primera vez en España...
Consulta toda a documentación do proxecto e outros procesos de interese.
Coñece outros proxectos desenvolvidos ao abeiro do programa LIFE+.
Subscríbete ao boletín trimestral de novidades do proxecto Marga Ulla.

Acceso restrinxido

Natura 2000
Proxecto LIFE
USC
Augas de Galicia
Consellería de Medio Rural