Participantes

O regulamento de LIFE+ establece como posibles beneficiarios do programa a entidades, axentes e institucións públicas ou privadas.

No caso do proxecto Margal Ulla estas son:

  • Consellería de Meio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que é o organismo ao que lle corresponden as tarefas de coordinación do proxecto. Estas, realizaranse fundamentalmente a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
  • Universidade de Santiago de Compostela, que como beneficiaria asociada participa na execución diversas accións do proxecto, ao que asistirá a través dos Departamentos de Xenética e de Zooloxía e Antropoloxía física, da Facultade de Veterinaria, e/ou do de Química Física, da Facultade de Químicas, entre as que destacan o Inventario detallado das poboacións de Margaritifera margaritifera, a reintrodución e reforzamento das súas poboacións e o desenvolvemento dun Plan de seguimento e vixilancia ambiental do hábitat fluvial destas especies.
  • Augas de Galicia, que tamén colabora no proxecto como beneficiaria asociada, prestando o seu apoio en diversas accións, entre as que destacan o Inventario e caracterización dos focos de contaminación por partículas en suspensión, xurros, augas residuais domésticas e residuos sólidos, así como das zonas de ribeira degradada na área de actuación e a preparación das actuacións de eliminación de obstáculos.
  • Consellería de Medio Rural: Por último, a Consellería de Medio Rural participa así mesmo como beneficiario asociado, sendo responsable da Implantación de boas prácticas agrarias enfocadas á mellora da calidade do hábitat das especies obxectivo do proxecto, así como das accións de educación ambiental con agricultores e gandeiros para recoñecer os problemas xerados pola mala xestión dos xurros e outros contaminantes.
Actualizado a: 21/10/2013

Novas

03/05/2016
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato...
12/12/2015
El complejo lucense de O Veral logra por primera vez en España...
Consulta toda a documentación do proxecto e outros procesos de interese.
Coñece outros proxectos desenvolvidos ao abeiro do programa LIFE+.
Subscríbete ao boletín trimestral de novidades do proxecto Marga Ulla.

Acceso restrinxido

Natura 2000
Proxecto LIFE
USC
Augas de Galicia
Consellería de Medio Rural