Accesibilidade

A Consellería de Medio Rural procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin e accesibles para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A política de accesibilidade aplicada pola Xunta de Galicia está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima aos Estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas de Internet sexa accesible a persoas con discapacidade e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.

A Consellería de Medio Rural, na procura de mellorar de xeito continuado a accesibilidade deste portal, convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar ademais de calquera outra suxestión sobre a accesibilidade que estime a través do contacto dese portal.

Cumprimento de estándares

  • As páxinas deste sitio web cumpren todos os requisitos de Prioridade 1 e Prioridade 2 según a Norma UNE 139803:2004.
  • Cumprimento das normas WCAG 1.0 (Web Content Accessibility Guidelines) do W3C (World Wide Web Consortium), no seu nivel intermedio (AA).
  • A presentación baséase na recomendación do W3C sobre as Follas de Estilo en Cascada Nivel 2 Revisión 1 (CSS 2.1).
  • Empregouse o linguaxe de marcado XHTML na súa especificación 1.0 Transicional.

Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Chrome, Opera, Konqueror, Internet Explorer, Safari, etc.

Data de última revisión

A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada con data do 28/02/2011.

Teclas de acceso rápido

O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase pulsando distintas combinacións de teclas segundo o navegador:

  • Microsoft Internet Explorer: Pulse a combinación de teclas Alt tecla de acceso rápido e a continuación Retorno Enter.
  • Netscape y Firefox: Pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Alt, e a tecla de acceso rápido.
  • Opera 7 e superior: Pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Esc, sólteas e a continuación pulse só a tecla de acceso rápido.
  • En Macintosh a tecla Alt se substitúese pola tecla Ctrl.

Neste portal web están dispoñibles as teclas de acceso rápido:

0 - Inicio

1 - Actuacións

2 - Localización

3 - Actualidade

4 - Accesibilidade

5 - Contacto

6 - Mapa

7 - Recursos

8 - Outros proxectos LIFE+

L - Aviso legal

Ligazóns relacionadas:

Actualizado a: 01/03/2011

Novas

26/02/2018
Desfruta do documental do proxecto LIFE Margal Ulla premendo nesta ligaz...
03/05/2016
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato...
Consulta toda a documentación do proxecto e outros procesos de interese.
Coñece outros proxectos desenvolvidos ao abeiro do programa LIFE+.
Subscríbete ao boletín trimestral de novidades do proxecto Marga Ulla.

Acceso restrinxido

Natura 2000
Proxecto LIFE
USC
Augas de Galicia
Consellería de Medio Rural