Actuacións

Margal Ulla ten deseñadas unha serie de accións, tanto específicas para cada especie como comúns para ambas as dúas, que se levarán a cabo ao longo de todo o proxecto (2010-2015). Iniciarase cunha serie de actuacións preparatorias para implementar a continuación actuacións de conservación que melloren o hábitat de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus. Ao tratarse dun proxecto LIFE+ de carácter demostrativo contempla tamén accións de información, sensibilización e divulgación dos seus resultados.

  • Imaxe
  • Imaxe

Destácanse aquí aquelas accións que terán unha maior relevancia e  ás cales se irá engadindo nova información segundo avance o proxecto:

A. Accións preparatorias:

  • A.3: Estudo de viabilidade técnica, ambiental e económica que poida supoñer a demolición/modificación dos obstáculos propostos.
  • A.4: Inventario detallado das poboacións de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus na cunca do río Ulla e caracterización do seu hábitat.
  • A.5: Definición de Unidades de Xestión para M. margaritifera e selección de reprodutores para o plan piloto de conservación ex situ.
  • A.6: Estudo do uso do espacio e da recuperación da conectividade das poboacións de Galemys pyrenaicus na cunca do Ulla.
  • A.7: Inventario detallado e caracterización dos focos de contaminación por partículas en suspensión, xurros, augas residuais domésticas e residuos sólidos, así como das zonas de ribeira degradada na zona de actuación.
  • A.8: Definición de zonas nas áreas potenciais para aplicar bandas tampón para a protección dos leitos fluviais  
  • A.9: Presentación do proxecto ante as partes interesadas.

C. Accións concretas de conservación

Para a conservación e mellora do hábitat

  • C.1: Mellora da conectividade das poboacións de ambas especies.
  • C.2: Recuperación da dinámica fluvial e adecuación das zonas de cría de M. margaritifera a través do aproveitamento de construcións tradicionais, canles de muíños, zonas naturais, etc.
  • C.3: Restauración ambiental das marxes de ribeira e bosque ripario, alí onde se atopen degradadas e aplicación de bandas tampón da contaminación nas marxes dos ríos.
  • C.4: Reintrodución e reforzamento das poboacións de M. margaritifera na cunca do río Ulla.
  • C.5: Implantación de boas prácticas agrarias enfocadas á mellora da calidade do hábitat das especies obxecto
  • C.6: Establecemento de directrices para a xestión dos cursos na cunca (permisos de corta, captacións, pesca fluvial…).

D. Accións concretas de divulgación

  • D.1: Educación ambiental con agricultores e gandeiros
  • D.2: Elaboración dun vídeo documental de seguimento das actuacións do proxecto
  • D.3: Seminario de lanzamento do proxecto
  • D5: Publicación final do proxecto
  • D7: Seminario internacional de peche

E. Accións de concienciación pública e divulgación de resultados

  • E.4: Grupo de traballo de partes interesadas
  • E.6: Plan de seguimento e vixilancia ambiental
  • E8.: Rede de traballo con outros proxectos
  • E9:  Plan de conservación posterior a LIFE+
Actualizado a: 21/02/2011

Novas

03/05/2016
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato...
12/12/2015
El complejo lucense de O Veral logra por primera vez en España...
Consulta toda a documentación do proxecto e outros procesos de interese.
Coñece outros proxectos desenvolvidos ao abeiro do programa LIFE+.
Subscríbete ao boletín trimestral de novidades do proxecto Marga Ulla.

Acceso restrinxido

Natura 2000
Proxecto LIFE
USC
Augas de Galicia
Consellería de Medio Rural