O vindeiro sábado 20 de setembro celebrarase un relatorio sobre a reserva da biosfera das mariñas e fragas do Mandeo.
E o sábado 27 de setembro terá lugar o relatorio do proxecto ríos.
O proxecto Life+ "Margal Ulla celebrou as XXXornadas de formación do Proxecto Ríos
O pasado mércores día 25 de xuño, a partir das 16:00 h, celebrouse no IESA Xelmirez II de Santiago de Compostela unha xornada de divulgación sobre proxecto Life + MARGAL ULLA.
A xornada, de dúas horas de duración, estivo orientada a difundir entre a comunidade educativa as actividades deste proxecto orientadas á mellora da calidade dos ríos na bacía do río Ulla para recuperar as poboacións de dúas das especies máis ameazadas que o habitan; o Mexillón de río (Margaritifera margaritifera) e a Toupa de río (Galemys pyrenaicus).
Esta actividade tamén forma parte das actividades de difusión do Mexillón de río como “Molusco do Ano 2014” da Sociedad Española de Malacología.
O vindeiro 24 de maio terá lugar o día de xornadas abertas fish migration day
Noticia sobre Life+ Margal Ulla, publicado en Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía), 20: 1-7 (2013)