Outros proxectos LIFE+

Desmania

O proxecto LIFE+ Desmania para a conservación do desmán ibérico aprobado pola Comisión Europea en 2012, implica a colaboración de 8 entidades de ámbito nacional e, tamén, de ámbito rexional, de Estremadura e Castela e León.

Aqua Plann Project é unha acción conxunta dos catro actores principais da xestión hídrica do LIC Embalse Abegondo-Cecebre: o Concello de Abegondo, Emalcsa, Augas de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) e a Consellería de Medio Rural. O obxectivo xeral do proxecto, que se basea nos principios da Directiva Marco da Auga, é asegurar o bo estado ecolóxico das augas actuais e futuras na cunca hidrográfica dos ríos Mero e Barcés e do devandito LIC.

Imaxe
Viñas atlánticas

A Deputación Provincial de Pontevedra puxo en marcha a finais de 2010 un proxecto co cal pretende desenvolver un plan que demostre a viabilidade dunha xestión sustentable para a produción de viño a Denominación de Orixe Rías Baixas, que ocupa boa parte do ámbito do proxecto Margal Ulla, o que repercutirá nunha menor contaminación das augas.

Entre 2004 e 2005 desenvolveuse este proxecto, coordinado pola Deputación da Coruña, para a posta en valor medioambiental e turística da cunca do río Mandeo, unha área que se extende por dez concellos da provincia da Coruña: Aranga, Bergondo, Betanzos, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Oza dos Ríos, Paderne e Sobrado.

Imaxe

Proxecto coordinado polo Instituto Lucense de Desenvolvemento (INLUDES), da Deputación de Lugo, coa poio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia entre os anos 2001 e 2006. O seu obxectivo foi a conservación de bosques aluviais e de ribeira de lago distrófico na área do LIC Parga-Ladra-Támoga.

Imaxe

A organización non gubernamental Wye and Usk Foundation coordinará entre 2010 e 2013 un proxecto que, aproveitando a experiencia de Life in UK Rivers, está dirixido a recuperar especies como o Salmón atlántico no val do río Irfon (co consecuente beneficio para Margaritifera margaritifera), en Gales.

Novas

26/02/2018
Desfruta do documental do proxecto LIFE Margal Ulla premendo nesta ligaz...
03/05/2016
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato...
Consulta toda a documentación do proxecto e outros procesos de interese.
Coñece outros proxectos desenvolvidos ao abeiro do programa LIFE+.
Subscríbete ao boletín trimestral de novidades do proxecto Marga Ulla.

Acceso restrinxido

Natura 2000
Proxecto LIFE
USC
Augas de Galicia
Consellería de Medio Rural