A organización non gobernamental Foundation Hëllef fir d'Natur coordina desde o ano 2005, e ata 2011, un proxecto para a recuperación de Margaritifera margaritifera no val do río Our, nas montañas da rexión belga das Ardenas.
A organización non gobernamental Foundation Hëllef fir d'Natur coordina desde o ano 2005, e ata 2011, un proxecto para a recuperación de Margaritifera margaritifera no val do río Our, nas montañas da rexión belga das Ardenas.
Proxecto promovido pola Dirección General de Montes y Medio Natural de la Diputación Foral de Gipuzkoa, coa colaboración de concellos e outras entidades, entre 2005 e 2010. Entre os seus obxectivos está o de contribuír á xestión de hábitats fluviais no LIC Aiako Harria (Guipúzcoa), de cara a mellorar o estado de conservación destes e das especies que os habitan, entre elas Galemys pyrenaicus.
Entre os anos 2003 e 2009, a rexión alemá de Eifel, preto da fronteira belga e regada por numerosos ríos, foi obxecto dun proxecto de restauración do hábitat de especies como a cegoña negra, a lamprea ou o mexillón de río.
Entre os anos 2004 e 2009 World Wide Fund for Nature (WWF), co apoio de sete entidades socias, impulsou un proxecto para mellorar as condicións de vida de Margaritifera margaritifera en 21 ríos do sur de Suecia.
Este proxecto foi coordinado pola autoridade do parque natural francés de Morvan entre 2004 e 2009. Os seus numerosos regos e fervenzas foron obxecto dun plan de recuperación que beneficiou de especies como a Margaritifera margaritifera.
Proxecto desenvolvido entre os anos 2002 e 2007 polo departamento responsable do desenvolvemento rural e medioambiental de Alemaña. O seu obxectivo foi o de protexer o hábitat de Margaritifera margaritifera nas fronteiras de Baviera e Saxonia coa República Checa.