Destácanse aquí aquelas accións que terán unha maior relevancia e ás cales se irá engadindo nova información segundo avance o proxecto:
A. Accións preparatorias:
-
A.3: Estudo de viabilidade técnica, ambiental e económica que poida supoñer a demolición/modificación dos obstáculos propostos.
-
A.4: Inventario detallado das poboacións de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus na cunca do río Ulla e caracterización do seu hábitat.
-
A.5: Definición de Unidades de Xestión para M. margaritifera e selección de reprodutores para o plan piloto de conservación ex situ.
-
A.6: Estudo do uso do espacio e da recuperación da conectividade das poboacións de Galemys pyrenaicus na cunca do Ulla.
-
A.7: Inventario detallado e caracterización dos focos de contaminación por partículas en suspensión, xurros, augas residuais domésticas e residuos sólidos, así como das zonas de ribeira degradada na zona de actuación.
-
A.8: Definición de zonas nas áreas potenciais para aplicar bandas tampón para a protección dos leitos fluviais
-
A.9: Presentación do proxecto ante as partes interesadas.
C. Accións concretas de conservación
Para a conservación e mellora do hábitat
-
C.1: Mellora da conectividade das poboacións de ambas especies.
-
C.2: Recuperación da dinámica fluvial e adecuación das zonas de cría de M. margaritifera a través do aproveitamento de construcións tradicionais, canles de muíños, zonas naturais, etc.
-
C.3: Restauración ambiental das marxes de ribeira e bosque ripario, alí onde se atopen degradadas e aplicación de bandas tampón da contaminación nas marxes dos ríos.
-
C.4: Reintrodución e reforzamento das poboacións de M. margaritifera na cunca do río Ulla.
-
C.5: Implantación de boas prácticas agrarias enfocadas á mellora da calidade do hábitat das especies obxecto
-
C.6: Establecemento de directrices para a xestión dos cursos na cunca (permisos de corta, captacións, pesca fluvial…).
D. Accións concretas de divulgación
-
D.1: Educación ambiental con agricultores e gandeiros
-
D.2: Elaboración dun vídeo documental de seguimento das actuacións do proxecto
-
D.3: Seminario de lanzamento do proxecto
-
D5: Publicación final do proxecto
-
D7: Seminario internacional de peche
E. Accións de concienciación pública e divulgación de resultados
-
E.4: Grupo de traballo de partes interesadas
-
E.6: Plan de seguimento e vixilancia ambiental
-
E8.: Rede de traballo con outros proxectos
-
E9: Plan de conservación posterior a LIFE+