O pasado 15 de xuño de 2013 realizouse no programa Caza e Pesca da Radio Galega (apartado Ríos e Montes), unha entrevista radiofónica ao Xefe do Servizo de conservación da Biodiversidade da Dirección Xeral da Conservación da Natureza, Jesús Santamarina.
O pasado 15 de xuño de 2013 realizouse no programa Caza e Pesca da Radio Galega (apartado Ríos e Montes), unha entrevista radiofónica ao Xefe do Servizo de conservación da Biodiversidade da Dirección Xeral da Conservación da Natureza, Jesús Santamarina, na que se explica o programa Margal Ulla que é un proxecto da Xunta de Galicia desenvolvido dentro do marco do instrumento financeiro Life+ da Unión Europea para a mellora da calidade ambiental e do ecosistema fluvial da bacía do río Ulla e co que se pretende crear as condicións necesarias para a recuperación das poboacións da Margaritifera margaritifera ou mexillón de río e do Galemys pyrenaicus ou Desmán Ibérico.