Actualidade

Medio Rural contará co apoio económico da Unión Europea a través do instrumento financeiro Life

Medio Rural coordina un programa de recuperación da fauna no río Ulla que conta co apoio financeiro da UE

Esta iniciativa (cun orzamento de 3,6 millóns de euros) busca promover a recuperación das poboacións de mexillón e de toupa de río nesta conca fluvial.

O director xeral de Conservación da Natureza presidiu hoxe en Santiago a primeira reunión do grupo de traballo que desenvolverá o programa, no que participan, tamén, Augas de Galicia e a USC.

O director xeral de Conservación da Natureza, na reunión
O director xeral de Conservación da Natureza, na reunión
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2010 ás 12:15.- 

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, coordinará o programa de recuperación das poboacións de mexillón de río (margaritifera margaritifera) e auganeiro (galemys pyrenaicus) na conca do río Ulla, que contará co apoio económico da Unión Europea a través do instrumento financeiro Life. Nesta iniciativa participarán tamén, como socios, Augas de Galicia e a Universidade de Santiago (USC).

O director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, presidiu esta mañá en Santiago a primeira reunión do grupo de traballo que desenvolverá a iniciativa, que se prolongará entre setembro deste ano e agosto de 2015. O orzamento total é de 3,6 millóns de euros, dos que 1,8 serán financiados pola Unión Europea.

Obxectivo
O obxectivo xeral deste plan é a mellora do estado de conservación destas dúas especies, establecendo as condicións axeitadas para a recuperación das poboacións orixinais.

Como obxectivos específicos búscanse, entre outros, mellorar aqueles elementos do hábitat identificados como factores de declive de ambas especies; promover a dinámica natural das poboacións de peixes hóspede do mexillón de río e favorecer a conectividade dos núcleos poboacionais de auganeiro, con medidas para recuperar a hidromorfoloxía en áreas do río Ulla afectadas por presas e reducións de caudal e mellorar o estado de conservación do bosque de ribeira nesta conca fluvial. Entre os resultados agardados atópase o coñecemento profundo do estado de conservación de ambas especies, dos seus hábitats e dos principais factores de ameaza.

Ferramenta Life
A ferramenta comunitaria Life apoia medidas que contribúen ao desenvolvemento, aplicación e actualización da política e a lexislación da UE en materia de medio ambiente. Pretende tamén facilitar a integración do medio ambiente nas demais políticas e lograr un desenvolvemento sostible na Unión Europea.

Actualizado a: 16/02/2011

Novas

26/02/2018
Desfruta do documental do proxecto LIFE Margal Ulla premendo nesta ligaz...
03/05/2016
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato...
Consulta toda a documentación do proxecto e outros procesos de interese.
Coñece outros proxectos desenvolvidos ao abeiro do programa LIFE+.
Subscríbete ao boletín trimestral de novidades do proxecto Marga Ulla.

Acceso restrinxido

Natura 2000
Proxecto LIFE
USC
Augas de Galicia
Consellería de Medio Rural