O proxecto Life+ "Margal Ulla celebrou as XXXornadas de formación do Proxecto Ríos
27 de setembro de 2014. Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa).
O próximo sábado, día 27 de setembro, terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa), as XX Xornadas de Formación de Coordinadores/as do Proxecto Ríos. A temática do curso será achegarnos ao proxecto LIFE Margal-Ulla que desenvolve a Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo.
Programa das XX Xornadas de Formación:
11.00 Chegada e entrega de material.
11.15 Estado do Proxecto Ríos.
12.00 LIFE Margal Ulla
-Presentacións do Proxecto Margal Ulla (Dr. Jesús Santamarina, Dirección Xeral de Conservación da Natureza)
-Margaritifera margaritifera, situación e avances do proxecto (Dra. Paz Ondina, USC)
14.00 Xantar.
15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.
19.00 Clausura do curso.
O curso é gratuíto. O número de prazas é limitado, polo que que é preciso inscribirse, tanto por teléfono (981 57 00 99) como por correo electrónico: ramses@adega.info